Aquí atoparás as novidades e actividades pasadas de Vagalume Aventuras Teatrais, desfruta da viaxe e sinte o teatro!

Se queres ver máis material noso podes explorar a galería multimedia premendo aquí.

24.xuño.2016

 Qué pasou na clase aberta?

O venres 24 de xuño familiares e amizades do noso alumnado de Iniciación ao teatro achegáronse ata o noso espazo habitual sen case saber que agardar.

O resultado? O público estivo desde as 18:00h desfrutando dunha interpretación de calidade que fixeron os nosos teatreiros escenas do calibre de “Sabor a mel”, a dramática “Casa de bonecas” de Ibsen ou “Bruxas de salem” de Arthur Miller . Ben é sabido que o bó traballo e o esforzo teñen recompensa, e a do noso alumnado foi unha satisfacción moi grande por ver os sorrisos nas caras dos seus coñecidos.

A directora de Vagalume e profesora do curso de iniciación teatral móstrase moi satisfeita do nivel creativo dos seus alumnos na clase aberta.

Agradecemos moito ao noso alumnado que estivese en Vagalume Aventuras Teatrais este ano aprendendo e desfrutando coa súa arte e agardamos volver a vernos o curso seguinte, porque a vosa arte non se pode desperdiciar!

Ah! Non marchedes do blog sen ver algunhas das fotos que se tomaron na clase aberta. Para ver un dos videos que se gravou podes premer aquí para ir á paxina multimedia.

Se che gustou todo isto podes entrar no noso Facebook e comentárnolo 😉

 

 

 

 

15.xuño.2016

24 de xpuertas abiertasuño: clase aberta

Este venres 24 pola tarde abrimos as nosas portas para amosar os resultados do proceso que fixo o noso alumnado de Iniciación ao teatro !!! ???

Poderemos desfrutar da súa interpretación de escenas de “Casa de bonecas”, “Bruxas de salem” ou “Kashtanka”.

Agardamos que tódalas familias e amizades poidan vir e pasar un bó tempo en compaña do teatro!