Neste obradoiro, nos mergullaremos coma axentes activas, magas e activistas, cheas de preguntas, para afondar nas opresións de xénero que nos habitan e buscar colectivamente, mediante a expresión estética, vías alternativas de acción concreta para cambiar a nosa realidade.

O teatro dos Oprimidos é unha metodoloxía estética que nace no Brasil nos anos 70. Mediante xogos e diversas técnicas teatrais coma o foro, o teatro periodístico e lexislativo, investiga as opresións e as relacións sociais de poder para desenrolar unha loita contra as estructuras opresoras.

No 2009 surxe a necesidade de afondar na desigualdade producto do patriarcado e aparece o Obradoiro de Teatro das Oprimidas Madalena, destinado a mulleres. Este, propon un espazo de pesquisa onde as opresións xeradas pola socialización de xénero e a violencia machista son o eixe principal. A intención é a de motivar a búsqueda de alternativas de acción que transformen e transcendan as realidades vividas no cotiá.

A partir de eiquí, realizáronse  obradoiros en diferentes lugares e nacen colectivas feministas que usan as estéticas das Oprimidas. Así, crease unha Rede Internacional Ma(g)dalena – Teatro das Oprimidas, formada por varias grupos ó redor do mundo, en America, Africa e Europa.

A resposta tan positiva a esta metodoloxía, amósanos o gran efecto do Teatro das persoas Oprimidas para organizarnos contra a violencia patriarcal.

A Rede Ma(g)dalena – Teatro das Oprimidas, convertiuse nun compromiso político e artístico que invita a cuestionar as estructuras sociais na búsqueda de medios colectivos para a superación do patriarcado dende a estética das oprimidas.  Lévanse a cabo encontros rexionais e internacionais que fortalecen os vínculos   entre as integrantes, serven para dar a coñecer o traballo das colectivas e o desenrolo da metodoloxía.

Para que máis persoas poidan vivenciar o que é un laboratorio Ma(g)dalena , sistematizáronse os obradoiros . Estes, están caracterizados polo uso de diversas expresións estéticas – corpo, voz, a escritura, pintura, risa, xogo, — para compartillar e compartillarnos, cunha mirada que se ergue da individualidade a colectividade. Procurando vias alternativas para espir a realidade patriarcal que enche cada recuncho, baixamos a raíz, para despois, tender as alas.

 A facilitadora, Eva Gloria, comezou a traballar no grupo Madalena-Berlin no 2012.  Nese mismo ano, fixo parte dunha das primeiras xuntazas internacionais das Ma(g)dalenas.  Dende entón, quedou prendida pola metodoloxía entrando a formar parte da Rede. Partipou en obradoiros e xuntanzas Ma(g)dalena Teatro das Oprimidas e afianzou o compromiso con Madalena- Berlin.

Paralelamente, formouse como multiplicadora de Teatro dos Oprimidos en Kuringa en Berlín, cidade onde se profesionalizou coma pedagoga teatral na escola Interkulturell Aktiv.

Agora de retorno a Vigo, ten a vontade de seguir a compartillar, con moito agarimo e respeto, esta metodoloxía que tanto ama e dar a coñecer a Rede Internacional Ma(g)dalena.

> DATAS e HORARIO:

 -18, 19, 20  Agosto:  17h a 21h 

   21 Agosto: 11h a 19h

> Intercambio: 90 €

> Rexistro e información: evacativa@yahoo.com.ar   //  telf: 654 079 444

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.