CURSO 2016/2017 – CLASES DE TEATRO

Clases de teatro en Vigo

fall-foliage-111315_960_720 (1)

No curso 2016/2017 en Vagalume Aventuras Teatrais continuamos coa nosa actividade docente ofrecendo clases de teatro, interpretación, preparación para as probas de acceso ás escolas de arte dramático e yoga-meditación en Vigo para persoas novas e adultas.

Estas clases servirán para para achegarnos á actividade teatral, profundizar nela e desenvolver aptitudes creativas nun marco dinámico e grupal.

Agardamos que estes cursos sexan do voso interese e deixamos ao final desta entrada un contacto no que poderedes resolver as vosas dúbidas e solicitar información sobre as clases.

? Este curso SINTE O TEATRO, crea a túa arte! ?

 

inscrición 

 O periodo de matrícula comenzará o día 5 de setembro de 2016 e rematará o 28 do mesmo mes. Previamente e durante ese mes poderedes contactar con nós para reservar a vosa praza.

A matrícula realízase por trimestres, neste caso o primeiro trimestre comezaría a primeira semana de outubro e remataria a penúltima semana de decembro.

Por último, antes a formalizar a matrícula gústanos ter unha breve reunión para coñecer ás persoas que se incorporarán aos cursos.

A distribución dos horarios ou os grupos serán adaptables a fin de que poidamos organizarnos de xeito máis flexible entre os docentes e as persoas interesadas.

 

cursos


 iniciación ao teatro

Cun método especializado, faremos un percorrido polos aspectos básicos da preparación vocal e corporal e do traballo dos personaxes na escena teatral no proxecto de posta en escena.

Un curso perfecto para coñecer, interesarse e experimentar os elementos fundamentais do proceso teatral dun xeito grupal e dinámico.

As sesións propostas para este grupo terían lugar os martes desde o 6 de outubro ao 22 de decembro cunha duración de aproximada de 2 horas.



 interpretación

Esta actividade está dirixida cara a persoas que xa se iniciaran na preparación teatral ou tivesen nocións previas. Afondaremos nos métodos interpretativos, con actividades máis especializadas para lograr un coñecemento teatral maior (+info).

As clases que se propoñen para este grupo terían lugar os xoves desde o 4 de outubro ao 20 de decembro cunha duración de aproximada de 2 horas.



 preparación para probas de acceso ás escolas de arte dramático 

Estas sesións céntranse específicamente en adquirir os coñecementos teóricos e as técnicas prácticas necesarias para superar as probas de acceso ás diferentes escolas de arte dramático do Estado.

A preparación das probas pódese complementar tamén coa asistencia aos outros cursos que propoñemos.

Esta actividade poderase planificar como individual ou colectiva. Así mesmo, os horarios serán acordados do xeito máis flexible.



yoga e meditación 

Propoñemos unhas sesións de yoga e meditación para todo tipo de persoas que queiran coñecer esta disciplina. Contaremos coa práctica de técnicas corporais, de relaxación e de meditación (+info) .




Aquelas persoas interesadas nos nosos cursos poden solicitar información sobre prezos, horarios ou contidos no contacto ou no enderezo que aparece aquí:

contacto maribel



E non esquezades as palabras dos sabios 😉

Print