CURSO DE EDUCACIÓN DA VOZ – ORTOFONÍA

 

Este curso de ortofonía está dedicado ó cuidado e desenvolvemento da voz tanto falada como cantada. É un curso para todas aquelas persoas que queiran corrixir, coidar, desenvolver… a súa voz, para utilizala mellor.

O mecanismo fonatorio será o punto de partida para aprender a técnica vocal, co fin de sacarlle maior rendemento sen que se resintan as cordas vocais. Durante as clases de voz aplicarase a técnica facundo ejercicios respiratorios, realizando lecturas con distintas entoacións e  tamén a distintas intensidades.

Consta das seguintes materias:

-Respiración

-Vocalización

-Dición

-Ritmo

-Relaxación 

-Escoita activa 

-Iniciación ó canto

A voz merece unha atención preferente xa que é o instrumento que empregamos para poder comunicarnos coas demais persoas, interpretar, recitar ou cantar.