Cursos de verán 2021: INICIACIÓN AO TEATRO e ACCESO AS ECOLAS DE ARTE DRAMÁTICO.
INICIACIÓN AO TEATRO
Do mércores 14 ao domingo 18 de xullo.
Programa docente:
No noso programa de interpretación tratamos a preparación vocal e corporal de actor e actriz máis o traballo dos personaxes na escena teatral. Para isto, seguimos un proceso no que pasaremos polas seguintes fases:
En primeiro lugar, faremos unha análise dramatúrxica do texto teatral. Indicaremos tanto a idea da obra como a idea do/a personaxe, así como o Superobxectivo (o tema principal da obra). Ademais, estableceremos o conflito e a liña de acción principais. En segundo lugar, realízase a análise activa da escena e da evolución do/a personaxe ó longo da mesma. Ademais estúdanse as relacións do/a personaxe, os conflitos e as tensións dramáticas da obra. O seguinte paso é tratar a encarnación do/a personaxe. Esta fase consiste no estudo e creación do/a personaxe, vivencia e expresión. A creación do/a personaxe abrangue varios aspectos:
Textualidade e linguaxe. Incorporación orgánica da palabra. Constrúese a fala do/a personaxe, a súa intencionalidade e tamén trazos subtextuais como o ritmo e a musicalidade.
Corporeidade e movemento do/a personaxe. Trabállase a enerxía e a expresividade do personaxe: Tempo-ritmo e xestualidade do/a personaxe.
Os últimos aspectos que se tratan son os relacionados estritamente coa posta en escena, que é a culminación do proceso metodolóxico:
- A elaboración e recreación da partitura actoral: Repetición e repentización.
- A creación da atmosfera das escenas e do espectáculo.
- A creatividade actoral no proxecto de posta en escena.
ACCESO AS ECOLAS DE ARTE DRAMÁTICO
Do martes 27 ao domingo 1 de xullo.
O programa de preparación para o acceso ás escolas de arte dramático, consta, entre outros de:
Análise de texto teatral:
- Elementos de preparación actoral para afrontar o conflito dramático nas diversas escenas da obra do autor teatral.
- Preparación da liña dos personaxes en función do Superobxectivo da obra teatral e da comprensión do seu autor.
- Estudo das diversas teorías teatrais respecto da interpretación actoral e a dirección escénica.
- Exercicios teórico-prácticos: “Desde a análise de textos ata a posta en escena”.
Horario de 18:00h a 21:00h.
Matrícula aberta ata o 10 de xullo.
Todo isto en mans de María Isabel González:
Aquí a súa gran experiencia: https://teatrovigo.es/maria-isabel-gonzalez/